viernes, 1 de agosto de 2008

I CELEBRAZÓN DO DÍA DE GALICIA EN ALCALÁ




foto: Montaxe da pancarta foto: montaxa carpa



Por vez primeira na historia da nosa Asociación e da propia cidade de Alcalá, os fillos de Galicia celebramos o mesmo que na Nosa Terra, o 25 de xullo día de Galicia e do noso patrón Santiago.



Na centrica praza de Cervantes conseguimos reunir entorno a carpa a centos de persoas, degustando productos traidos expresamente dende a terra e o mar do noso País:


foto: Lacón do Bolo




Meixillons da ría de Vigo, ameixas de Cedeira, Polbo do norde de Lugo o igual que as sardiñas, do interior chourizos da Fonsagrada, lacón das terras do Bolo, viños tintos do ribeiro do Carballiño, Brancos como ó Albariño de terras do Rosal, sidra de Chantada e coma non podía faltar o ouro branco que é a augardente feito nese brebaxe máxico de Breogán, qué é a queimada, na que envolvemos os asistentes nese ritual ancestral do conxuro.






A Xunta Direitiva agradece a colaboura do grupo de baile é gaitas "vagalume" que estivo representado por: Xose Lois Frías, Guillerme, Vero, Iria, Carmen, Viole e Fany.



Coma nón dos Socios achegados alí coma: Miguel Anxo Areses, Antón Castro, Xosé Mª Fdez, Clara Fdez, Carmen Mendez, e a Xunta Direitiva representada por: o Presidente: Pablo Galego, André Lopez, Carmen Mª, Ricardo Pizarro é os Anteriores mencionados Guillerme e Vero.



A nosa presenza nos medios informativos tivo unha gran acollido, coma se pode ver nos 3 reportaxes feitos polo Diario De Alcalá,(ver nas páxinas dixitais do diario http://www.diariodealcala.es/content/view/5530/63/ )



Agardando o vindeiro ano se volva a repetir iste rotundo éxito e acollida.







foto: momento na queimada


foto: escanciando sidra

No hay comentarios: