sábado, 18 de octubre de 2008

Asamblea de Socios

Ben queridos socios:


o próximo día 14 de novembro as 20h, esta nova Xunta Direitiva convócabos para unha reunión xeral ordinaria coa seguinte orde:

1- leitura da acta constitucional da nova Xunta Direitiva.

2- estado contas dende o 7/06/08 ata 31/10/2008.

3- actividades levadas a cabo dende 0706/08 ata o 19/11/2008.

4- previsión actividades a facer ata xuño de 2009.

5- debate sobre a forma de pegamento segundo unidades familiares.

6- varios



HOMENAXE A SIRA RODRIGUEZ

Como sabendes o pasado día 11 de xullo de 2008, quen foi presidenta desta entidade e socia fundadora Sira Rodriguez Iglesias, finou.
Con motivo desta luctuosa perda esta asociación quer rendirlle un homenaxen que terá lugar o próximo día 11 de novembro , no local social coa colocación dunha placa na súa lembranza.
O presidente discursará sobre a vida sociativa de Sira, para dar paso a leitura dun poema na súa honra e para dar remate tocarase unha peza solemne.
Agardamos a vosa presenza

CHEGOU O OUTONO...!!!!



FESTA DO MAGOSTO:



Un ano máis Chega o outono, e o magosto, na que todos os soci@s poderán degustar a carón do lume de unhas castañas é bó viño, para logo dar paso a o grupo vagalume que nos deleitaran con pezas populares de recolleita, sen esquecernos das voces do noso coro.

Para logo dar paso a unha comida no local social na que poderán degustar:


- Caldo galego

- Empanada

- Filloas

Pan, viños, refrixerios ou auga.


dispoñeremos dun menú para os mais cativos: Entremeses varios, lomo adobado e totilla.


O prezos serán: 15€ adultos e cativos 10€/ NON SOCIOS 25€ e 15€, respeitivamente.

Apúntate antes do día 5 de Novembro no 670588667 , galiciahenares@hotmail.com ou pásete polo locál os martes de 20a 21h.

ULTIMAS "Actuacións de Vagalume"



Dende o pasdo día 25 de xullo, o noso grupo levou a cabo as seguiente actuacións:








- Festas e feiras e Alcalá coa tradicional barraca de feiras onde o noso grupo estivo amenizando unha ruada.




- Actuación de "Vagalume", no I Encontro internacional folk de "Aragon y el mundo", celebrado na vila de Ajalvir ( 6 de septembro de 08), na que compaarte cartel xunto o grupo irmán Portugues de Vilarinho do Bairro é o grupo de jotas da casa de Aragón.




- Actuación festas distrito V ( O Val ). 20 de septembro de 08.




- Actuación na Quinta do Jarama ( 15 de septembro de 08)




- Actuación en Euro-villas pertencente a Nuevo Baztán ( 4 de Outubro de 08)




- Festa do Marisco na veciña localidade de Torrejón de Ardoz 11 e 12 de Outubro de 08.


Rancho Folclórico da Casa do Povo de Vilarinho do Bairro


CUADRO DE JOTAS DE LA CASA DE ARAGÓN