viernes, 1 de agosto de 2008

VAGALUME NA REDE!

Niste link podedes ollar o noso grupo en actuacións en diferentes lugares da comunidade de Madrid.
http://es.youtube.com/results?search_query=vagalume+alcala&search_type=&aq=f

disfrutade dos videos!!!

I CELEBRAZÓN DO DÍA DE GALICIA EN ALCALÁ




foto: Montaxe da pancarta foto: montaxa carpa



Por vez primeira na historia da nosa Asociación e da propia cidade de Alcalá, os fillos de Galicia celebramos o mesmo que na Nosa Terra, o 25 de xullo día de Galicia e do noso patrón Santiago.



Na centrica praza de Cervantes conseguimos reunir entorno a carpa a centos de persoas, degustando productos traidos expresamente dende a terra e o mar do noso País:


foto: Lacón do Bolo




Meixillons da ría de Vigo, ameixas de Cedeira, Polbo do norde de Lugo o igual que as sardiñas, do interior chourizos da Fonsagrada, lacón das terras do Bolo, viños tintos do ribeiro do Carballiño, Brancos como ó Albariño de terras do Rosal, sidra de Chantada e coma non podía faltar o ouro branco que é a augardente feito nese brebaxe máxico de Breogán, qué é a queimada, na que envolvemos os asistentes nese ritual ancestral do conxuro.






A Xunta Direitiva agradece a colaboura do grupo de baile é gaitas "vagalume" que estivo representado por: Xose Lois Frías, Guillerme, Vero, Iria, Carmen, Viole e Fany.



Coma nón dos Socios achegados alí coma: Miguel Anxo Areses, Antón Castro, Xosé Mª Fdez, Clara Fdez, Carmen Mendez, e a Xunta Direitiva representada por: o Presidente: Pablo Galego, André Lopez, Carmen Mª, Ricardo Pizarro é os Anteriores mencionados Guillerme e Vero.



A nosa presenza nos medios informativos tivo unha gran acollido, coma se pode ver nos 3 reportaxes feitos polo Diario De Alcalá,(ver nas páxinas dixitais do diario http://www.diariodealcala.es/content/view/5530/63/ )



Agardando o vindeiro ano se volva a repetir iste rotundo éxito e acollida.







foto: momento na queimada


foto: escanciando sidra

VAGALUME NO FESTIVAL FOLK DE RASCAFRÍA






O pasado 12 de xullo de 2008, o noso grupo "Vagalume", polo alto pretixio acadado, foi invitado a participar no festival folk que se fai anualmente nesta paraxe da serra de Madrid.



Compartindo cartel con unha gran gaiteira coma Cristina Pato.



Vagalume coa súa presenza aportou un grán exito e aceptación, na que voltará próximamente por esas terras, para levar un grao de Galicia.



O grupo fixo 2 pasarrúas, con paradas en plazas e lugares desta vila, na que os presentes disfrutaron de bailes ancestrais é de numerosas pezas recollidas pola nosa equipa de investigazón en diferentes zonas da Nosa Terra, dende Vigo ata os Ancares ou mesmo dende Ourense ata o Finisterre.



Con está brillante participación a nosa Asociación fai patente máis unha vez coa sua presenza, a honra representar a Galicia en Madrid.