jueves, 4 de diciembre de 2008

Felicitación do Nadal y festa fin de ano

O domingo 14 de Dezembro, xuntaremos-nos na nosa casa para cumprimentar-nos as próximas festas do Nadal. A casa convidará a todos os asociados a un aperitivo.

Tambén os informamos que se houbese xente de avondo interesada en pasares con nós o fin de ano, após a meia noite, fáganos chegar a suas intencións. O noso mail é: galiciahenares@hotmail.com

Aproveitamos o ensexo para felicitar-vos o Nadal e desexar-vos unha boa entrada de ano.







Curso de historia da evolución da lingua galega dende o latín até Idade Media

A partir do próximo 14 de Janeiro (mércoles), impartiráse un curso sobre a evolución da lingua galega dende o latín até Idade Media a cargo do ponente José-André López.

As persoas interesadas, poden chamar ao teléfone da asociación para organizar o curso.

Cuota de inscripcion:
Socios: Curso gratuito.
Non socios: 30 euros.

Feira Intercultural

A nosa ascociación participou o pasados días 28, 29 y 30 de novembro na Feira Intercultural organizada polo Concello de Alcalá de Henares na praza de Cervantes.

Nesta Feira, tivemos unha caseta cultural e gastronómica coa participación de varios socios que axudaron a Xunta diretiva en labores de organización e a os que estamos moito agradecidos.

O noso grupo de folklore participou no pasa-corredoiras e tambén actuou no cenario colocado para tal fin. Asi mesmo o noso grupo de coro tambén fixo unha interpretación do seu repertorio. Temos que constatar que houbo unha gran concorrencia de xente interesada na nosa cultura.

Asambleia Extraordinaria del 22/11/08

1.- Dimisión do presidente Pablo Rodriguez.

2.- Reestructuración da Xunta diretiva.

3.- Varios.

2)A nova Xunta diretiva queda da seguinte maneira:

Presidente: Manuel Rúa.
Vicepresidente: José-André López.
Secretario: Guillerme Fernández.
Tesoreira: Verónica Núñez.
Vogal do socios: Justina Alonso.
Vogal do baile: Esther Fernández.
Vogal do coro: Ricardo Pizarro.
Vogal do relacions públicas: Carmen María Domínguez.

3) Nesta asambleia de debate, a Xunta diretiva levou a proposta de cambio de pagamento do asociados. Despois de falalo entre os presentes, chegouse ao acordo de presentar para ser votados estes tres criterios:
1- Pago de cota individual por familia.
2- Pago de cota até cos fillos cumpran 25 anos.
3- Pago de cota até cos fillos cumpran 18 anos.

Sobre esta cuestión agardamos que os socios nos manden a suas opinions para leva-lo a próxima asambleia y ser votadas.
O prazo será até o vindeiro 31 dezembro.

Tambén falou-se da intención da Xunta diretiva da próxima abertura do bar.Prega-se os socios que esten interesados, nos fagan chegar os seus requerementos para chegar a consenso coa Xunta diretiva.