viernes, 11 de julio de 2008

Necrologica - Sira Rodríguez Iglesias

En el día de hoy, 11 de Julio de 2008, nos llega la triste noticia del fallecimiento de Sira Rodríguez Iglesias, presidenta que fue y fundadora de nuestra Asociación Galega Corredor do Henares. Se espera la llegada del cadáver al Cementerio Jardín de Alcalá de Henares sobre las 14:00 hrs de hoy viernes. En este momento no sabemos cuales son planes de la familia sobre el sepelio. Sus amigos acudiremos a acompañar a los familiares y a presentar nuestras condolencias por esta sensible pérdida.

sábado, 5 de julio de 2008

Festa de San Xoán


A festa de San Xoán é para nós, galegos da diáspora, unha das festas mais entrañáveis e que agardamos con mais ansiedade.

A nova Xunta Directiva fixo un chamamento ao conxunto dos sócios para celebrá-la no noso local social, evento que tivo grande suceso.

Houbo unha merenda na que degostamos productos da nosa terra, cantos saudosos dos sócios lembrando as nosas tradicións, danzas antigas que nos legaron os antepasados, música de gaitas, unha queimada colectiva da que gostamos e que nos animou e muita, muita alegria.

O grupo Vaga-lume, o noso brillante grupo de gaitas, danza e coro agasallou a todos nós con a sua arte e bon facer apresentando novos temas musicais e de baile, actuacón que foi celebrada por todos os presentes.

O noso presidente, Pablo Rodríguez, dirixiu unhas breves palabras a os nosos asociados lembrando os esforzos que todos fixeron por manter un cantón de Galiza nestas hospitalárias terras e facendo apelamento a seguir coa partipación de todos para levar a bon porto esta nosa, vosa, de todos, casa.

No mes de Agosto haberá, como todos os anos, as Férias de Alcalá. Aguardamos que todos os sócios e simpatizantes se animen a pasar pola carpa para desfrutar do bon viño, das gostosas viandas e da compaña e conversa dos amigos.

Á volta das férias, gañadas con tanto esforzo, é dicer, para Setembro, teremos unha reunión con todos os asociados para faceren un balanzo das Férias de Agosto, asín como as perspectivas para o novo curso e as obrigatórias tarefas a realizar.

Desexando-vos unhas felices feiras, sauda-vos a todos con grande cariño.

A Xunta Directiva.