domingo, 10 de mayo de 2009

Próximas actuacions do grupo da Asociación

18 MAIO. ESTACIÓNS POÉTICAS.

Invitación Casa de Galicia Madrid as 20:00 horas.

Recital: María Xosé Queizán e Luis Suñén.

30 MAIO
. ROMERÍA POPULAR EN COLLADO VILLALBA.

Romería popular de FAGAMA en Collado Villalba.

-Actuación de todas as casas galegas en Madrid.
-Concurso gastronómico.
-Autobus gratuito para todos os socios que queiran acompañarnos. A hora de saída será às 11:00 da mañá desde a sede da Asociación.

13 XUÑO.

Festa do clube Naya, no barrio ''Los Nogales''. Actuación do noso grupo folklórico ''Vagalume'' a partir das 20:00 horas.

23 XUÑO.

Festa de San Xoan no Distrito V, barrio ''Juán de Austria''. Actuación do noso grupo folklórico ''Vagalume'' a partir das 21:30 horas.

26 XUÑO.

Actuación do noso grupo folklórico ''Vagalume'' a partir das 21:30 horas, no Distrito II no parque ''Tierno Galván''


Semana das letras galegas

Ramom Piñeiro é este ano o personaxen a quem se lle é adicado as Letras Galegas. A Asociación, como todos os anos, adere a esta celebrazón - central tanto na Galiza como na diáspora. Cumpre termos en conta que o Dia das Letras Galegas non é apenas un dia, embora todo o ano, isto é, a honra de levar as letras galegas recai en Ramon Piñeiro. A Asociación Galega Corredor do Henares fai sua, tambén, esta celebrazón.

XOVES 14 MAIO

19:30 Na Aula de Conferéncias Internacionais da Universidade Cisneriana, conferéncia-colóquio do Profesor Doutor de Relacións Internacionais e Direito Administrativo da Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo, sobre Galicia e as Relacións Internacionais Hoxe.

A seguir actuará a Agrupación Coral Vagalume da Asociación e o grupo de música e danza do mesmo nome.

Á finalización a Asociacion agasallará a todos os asistentes con un viño de honor.

VERNES 15 MAIO

20:00 No salón de Actos da Asociación Galega Corredor do Henares, recital de canto coral do grupo ''Songs & Soul''

21:00 Inaguración do restaurante da Asociación.
Os asistentes serán agasallados con un viño de honor.

SÁBADO 16 MAIO

17:00 Pasarúas do grupo folklórico de gaitas e danzas da Asociación ''Vagalume''.
A continuación do grupo de danzas e gaitas actuará con un amplo repertório na Praza Cervantes.

DOMINGO 17 MAIO

11:30 Misa cantada pola agrupación coral ''Vagalume'' da Asociación na Ermida do Val.
A continuación actuará frente a Ermida o grupo folklórico da Asociación ''Vagalume'' con estrea de algunhas pezas do seu repertório.
Por fin, como todos os anos, Romería campestre para que todos o pasemos ben.






viernes, 27 de febrero de 2009

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano 2009, adica-se-lle o día das Letras Galegas a Don Ramón Piñeiro (foto).

Por ocasión desta data, o 14 de Mayo as 19:00 horas terá lugar unha conferencia do profesor Carlos Taibo na Universidade de Alcalá de Henares.



Carlos Taibo é professor de Ciência Política e da Administração na Universidade Autónoma de Madrid, onde também tem dirigido o programa de estudos russos do Instituto de Sociologia das Novas Tecnologias. Tem publicado uma dúzia de livros em galego-português.Podem mencionar-se entre eles O castelo de fogos. Nove ensaios sobre o porvir da Europa do Leste (Novo Século, Íria Flávia, 1991), Europa sen folgos (Sotelo Blanco, Santiago, 1994), A nova desorde internacional (Abrente, Santiago, 1998), fUn novo Terceiro Mundo? (Ludus, A Corunha, 1999), A desintegración de Iugoslávia (Xerais, Vigo, 2000), Império norteamericano e capitalismo global (3c3, Santa Comba, 2003), A guerra santa, e petroleira, de Bush filho (Ateneo, Pontevedra, 2003), Os movementos de resisténcia fronte á globalización capitalista (Xerais, Vigo, 2005), Misérias da globalizaçom capitalista (Abrente, Santiago, 2006) e Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional (Xerais, Vigo, 2008).

CONCIERTO CORO VAGALUME



Misa cantada o 15 de Marzo polo coro da Asociación ''Vagalume'' na Igrexa sita na C/Lópe de Figueroa as 13:00 horas.
Convidamos-vos a esta celebración.

Entroido 2009

CEA DE ENTROIDO DA ASOCIACION 2009

A cea terá lugar o 7 de Marzo no ''Asador de Ángela'' sito na carretera Daganzo (antigo Sotileza) con o seguinte guión:


-20:45: Cita no restaurante.

-21:00: Entrada no salón.

-21:15: Actuación grupo de Gaitas e danza.

Presentación de Xeitosa e Xeitosiña.

-21:30: Comezo da Cea

Haberá un concurso de disfarces tanto de adultos como de pequenos, e premios aos mellores eleitos por os proprios comensais (entregarán-se aos postres).

Cando acabar a cea, haberá baile.

-24.00: Quiemada.
CARNAVAL DE LAZA

O entroido, antroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma (tempo de xaxún de 40 días anteriores á Pascua, conforme o calendario cristián).

O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os antroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de acontecemento turístico nacional polo Ministerio de Turismo.

1 Entroido ou carnaval
1.1 Orixe da palabra carnaval
2 Calendario
3 As máscaras
4 Galería de imaxes
5 Refraneiro
6 Referencias
7 Véxase tamén
7.1 Bibliografia
7.2 Na Galipedia
7.3 Ligazóns externas



Entroido ou carnaval
A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación. Na zona norte de Galiza emprégase antroido, como no antroido ribadense e na zona da Fonsagrada, incluso Monforte de Lemos e Viana do Bolo, mentres que no sur é máis frecuente entroido. A palabra aparece citada desde o século XIII. O entroido coñécese tamén como carnaval (vid. infra), que tamén é un termo galego, ou co francés mardi gras, literalmente "martes graxo" (derivado de graxa, touciño). Nalgúns países onde o entroido desapareceu por presión eclesiástica ou policial, cando foi recuperado utilizouse o termo "carnaval" (así no Brasil). Tamén é carnaval o termo correcto para festas similares celebradas fóra dos días anteriores á Coresma, como os carnavais de verán.


Orixe da palabra carnaval
A palabra vén do italiano carnevale, que ten como orixe, segundo a maioría dos etimoloxistas modernos o latín vulgar carne-levare, que significaba "abandonar a carne" (o cal xustamente era a prescrición obrigatoria para todo o pobo durante todos os venres da Coresma). Noutras zonas, como en Cataluña ou España as denominacións populares de carnestoltes ou carnestolendas, respectivamente, parecen indicar que esta é a opción etimolóxica máis sensata (do latín tolere, retirar).

Posteriormente xurdiu outra etimoloxía manexada no ámbito popular: a palabra italiana carnevale significaría que durante a época do carnaval a "carne vale", ou sexa que se pode comer. Tamén se propón outra etimoloxía sen fundamento que provén da expresión latina carrus navalis, ou sexa unha carroza decorada que posiblemente saíse en desfile durante estas datas.

Pero a fins do século XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome. Carna é a deusa celta das fabas e o touciño. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao deus Karna (que no Mahabhárata aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo do deus do Sol e a raíña Kuntí).


Calendario
O entroido, ao variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas. O martes de antroido adoita coincidir en febreiro ou nos primeiros días de marzo, pero as celebracións relacionadas poden comezar xa en xaneiro.

É o que se coñece como ciclo do entroido e que ten nas diferentes vilas de Galiza distintas extensións. Tense tomado como referencia o entroido de Xinzo como o máis longo, se ben a súa distribución en cinco semanas é común a boa parte das comarcas centrais ourensás, como Maceda.

As súas datas fundamentais, por orde, son:

Domingo fareleiro
Domingo oleiro
Xoves de compadres
Domingo corredoiro
Xoves de comadres
Domingo de antroido
Luns de antroido
Martes de antroido
Mércores de cinza
Domingo de piñata
Non en todas as vilas se conservan ou existiron nunca todas estas festividades. Ademais, aínda que os días grandes adoitan ser o domingo e o martes de antroido, noutras localidades, como Laza, a data referencial é o luns de antroido.


As máscaras

Boteiro, Vilariño de ConsoAs máscaras do antroido galego presentan, segundo as zonas e comarcas, trazos diferentes. Podemos distinguir dous grandes grupos:

As máscaras ourensás, que pertencen aos antroidos dun arco de vilas que nace en Maceda e Allariz, esténdese polo sur da provincia e remonta polo leste ata chegar á Ribeira Sacra. Son, habitualmente, máscaras coloristas que cobren a cara, realizadas moitas delas en madeira e que teñen como misión meter medo, asustar, bater nos veciños ou escorrentalos. Aínda que ás veces van en grupo, a súa presenza é habitualmente individual. Entre elas están os cigarróns de Verín, os peliqueiros de Laza, os felos de Maceda, os boteiros de Vilariño de Conso, de Manzaneda e de Viana do Bolo, os irrios de Castro Caldelas, as charrúas de Allariz, as pantallas de Xinzo, os vergalleiros de Sarreaus, os murrieiros da Teixeira, os troteiros de Bande, os vellarróns de Riós, etc.
As máscaras da zona atlántica, nunha zona non continua que vai dende Cangas e Vilaboa ao sur ata as comarcas do Deza e o val do Ulla. Son traxes tamén coloristas, pero que frecuentemente deixan o rostro descuberto. Neles o traballo individual de elaboración do vestido é importante, pero máis o é a performance, que adoita ser colectiva. É o caso dos xenerais de Deza e de Ulla, as damas e galáns de Cangas e Vilaboa e as madamitas e madamitos do antroido de Cotobade.
Tamén existen outros costumes:

Mecos bonitos e mecos feos de Froxás das Viñas.
Volantes da Ribeira do Miño (Parroquias de Santiago de Arriba, San Pedro, Camporramiro e Nogueira).
O Oso de Salcedo, en Salcedo (A Pobra do Brollón).
O merdeiro en Vigo.
O Os felos en Maceda.



jueves, 4 de diciembre de 2008

Felicitación do Nadal y festa fin de ano

O domingo 14 de Dezembro, xuntaremos-nos na nosa casa para cumprimentar-nos as próximas festas do Nadal. A casa convidará a todos os asociados a un aperitivo.

Tambén os informamos que se houbese xente de avondo interesada en pasares con nós o fin de ano, após a meia noite, fáganos chegar a suas intencións. O noso mail é: galiciahenares@hotmail.com

Aproveitamos o ensexo para felicitar-vos o Nadal e desexar-vos unha boa entrada de ano.







Curso de historia da evolución da lingua galega dende o latín até Idade Media

A partir do próximo 14 de Janeiro (mércoles), impartiráse un curso sobre a evolución da lingua galega dende o latín até Idade Media a cargo do ponente José-André López.

As persoas interesadas, poden chamar ao teléfone da asociación para organizar o curso.

Cuota de inscripcion:
Socios: Curso gratuito.
Non socios: 30 euros.

Feira Intercultural

A nosa ascociación participou o pasados días 28, 29 y 30 de novembro na Feira Intercultural organizada polo Concello de Alcalá de Henares na praza de Cervantes.

Nesta Feira, tivemos unha caseta cultural e gastronómica coa participación de varios socios que axudaron a Xunta diretiva en labores de organización e a os que estamos moito agradecidos.

O noso grupo de folklore participou no pasa-corredoiras e tambén actuou no cenario colocado para tal fin. Asi mesmo o noso grupo de coro tambén fixo unha interpretación do seu repertorio. Temos que constatar que houbo unha gran concorrencia de xente interesada na nosa cultura.

Asambleia Extraordinaria del 22/11/08

1.- Dimisión do presidente Pablo Rodriguez.

2.- Reestructuración da Xunta diretiva.

3.- Varios.

2)A nova Xunta diretiva queda da seguinte maneira:

Presidente: Manuel Rúa.
Vicepresidente: José-André López.
Secretario: Guillerme Fernández.
Tesoreira: Verónica Núñez.
Vogal do socios: Justina Alonso.
Vogal do baile: Esther Fernández.
Vogal do coro: Ricardo Pizarro.
Vogal do relacions públicas: Carmen María Domínguez.

3) Nesta asambleia de debate, a Xunta diretiva levou a proposta de cambio de pagamento do asociados. Despois de falalo entre os presentes, chegouse ao acordo de presentar para ser votados estes tres criterios:
1- Pago de cota individual por familia.
2- Pago de cota até cos fillos cumpran 25 anos.
3- Pago de cota até cos fillos cumpran 18 anos.

Sobre esta cuestión agardamos que os socios nos manden a suas opinions para leva-lo a próxima asambleia y ser votadas.
O prazo será até o vindeiro 31 dezembro.

Tambén falou-se da intención da Xunta diretiva da próxima abertura do bar.Prega-se os socios que esten interesados, nos fagan chegar os seus requerementos para chegar a consenso coa Xunta diretiva.

sábado, 18 de octubre de 2008

Asamblea de Socios

Ben queridos socios:


o próximo día 14 de novembro as 20h, esta nova Xunta Direitiva convócabos para unha reunión xeral ordinaria coa seguinte orde:

1- leitura da acta constitucional da nova Xunta Direitiva.

2- estado contas dende o 7/06/08 ata 31/10/2008.

3- actividades levadas a cabo dende 0706/08 ata o 19/11/2008.

4- previsión actividades a facer ata xuño de 2009.

5- debate sobre a forma de pegamento segundo unidades familiares.

6- varios



HOMENAXE A SIRA RODRIGUEZ

Como sabendes o pasado día 11 de xullo de 2008, quen foi presidenta desta entidade e socia fundadora Sira Rodriguez Iglesias, finou.
Con motivo desta luctuosa perda esta asociación quer rendirlle un homenaxen que terá lugar o próximo día 11 de novembro , no local social coa colocación dunha placa na súa lembranza.
O presidente discursará sobre a vida sociativa de Sira, para dar paso a leitura dun poema na súa honra e para dar remate tocarase unha peza solemne.
Agardamos a vosa presenza

CHEGOU O OUTONO...!!!!



FESTA DO MAGOSTO:



Un ano máis Chega o outono, e o magosto, na que todos os soci@s poderán degustar a carón do lume de unhas castañas é bó viño, para logo dar paso a o grupo vagalume que nos deleitaran con pezas populares de recolleita, sen esquecernos das voces do noso coro.

Para logo dar paso a unha comida no local social na que poderán degustar:


- Caldo galego

- Empanada

- Filloas

Pan, viños, refrixerios ou auga.


dispoñeremos dun menú para os mais cativos: Entremeses varios, lomo adobado e totilla.


O prezos serán: 15€ adultos e cativos 10€/ NON SOCIOS 25€ e 15€, respeitivamente.

Apúntate antes do día 5 de Novembro no 670588667 , galiciahenares@hotmail.com ou pásete polo locál os martes de 20a 21h.

ULTIMAS "Actuacións de Vagalume"



Dende o pasdo día 25 de xullo, o noso grupo levou a cabo as seguiente actuacións:








- Festas e feiras e Alcalá coa tradicional barraca de feiras onde o noso grupo estivo amenizando unha ruada.




- Actuación de "Vagalume", no I Encontro internacional folk de "Aragon y el mundo", celebrado na vila de Ajalvir ( 6 de septembro de 08), na que compaarte cartel xunto o grupo irmán Portugues de Vilarinho do Bairro é o grupo de jotas da casa de Aragón.




- Actuación festas distrito V ( O Val ). 20 de septembro de 08.




- Actuación na Quinta do Jarama ( 15 de septembro de 08)




- Actuación en Euro-villas pertencente a Nuevo Baztán ( 4 de Outubro de 08)




- Festa do Marisco na veciña localidade de Torrejón de Ardoz 11 e 12 de Outubro de 08.


Rancho Folclórico da Casa do Povo de Vilarinho do Bairro


CUADRO DE JOTAS DE LA CASA DE ARAGÓN

domingo, 7 de septiembre de 2008

N E C R O L O G I C A
Nuestra socia fundadora y ex-presidenta de la Asociación Galega Corrdor do Henares SIRA RODRIGUEZ IGLESIAS falleció el pasado día 11 de Julio de 2008, a causa de una necrosis intestinal, en la UCI del Hospital Clínico Universitario San Carlos de Madrid, durante el postoperatorio de una intervención de cirugía vascular. El orígen de la citada necrosis es desconocido hasta el día de la fecha.
Su esposo, hijos, familiares y amigos comunican que el próximo viernes, día 26 de Septiembre, a las 20:15 hrs. se celebrá en la Santa Iglesia Catedral-Magistral de Alcalá de Henares, un funeral por el eterno descanso de su alma.
Rogamos a todos sus amigos, y agradecemos por anticipado, su asistencia a este acto de caridad cristiana.

viernes, 1 de agosto de 2008

VAGALUME NA REDE!

Niste link podedes ollar o noso grupo en actuacións en diferentes lugares da comunidade de Madrid.
http://es.youtube.com/results?search_query=vagalume+alcala&search_type=&aq=f

disfrutade dos videos!!!

I CELEBRAZÓN DO DÍA DE GALICIA EN ALCALÁ




foto: Montaxe da pancarta foto: montaxa carpa



Por vez primeira na historia da nosa Asociación e da propia cidade de Alcalá, os fillos de Galicia celebramos o mesmo que na Nosa Terra, o 25 de xullo día de Galicia e do noso patrón Santiago.



Na centrica praza de Cervantes conseguimos reunir entorno a carpa a centos de persoas, degustando productos traidos expresamente dende a terra e o mar do noso País:


foto: Lacón do Bolo




Meixillons da ría de Vigo, ameixas de Cedeira, Polbo do norde de Lugo o igual que as sardiñas, do interior chourizos da Fonsagrada, lacón das terras do Bolo, viños tintos do ribeiro do Carballiño, Brancos como ó Albariño de terras do Rosal, sidra de Chantada e coma non podía faltar o ouro branco que é a augardente feito nese brebaxe máxico de Breogán, qué é a queimada, na que envolvemos os asistentes nese ritual ancestral do conxuro.






A Xunta Direitiva agradece a colaboura do grupo de baile é gaitas "vagalume" que estivo representado por: Xose Lois Frías, Guillerme, Vero, Iria, Carmen, Viole e Fany.



Coma nón dos Socios achegados alí coma: Miguel Anxo Areses, Antón Castro, Xosé Mª Fdez, Clara Fdez, Carmen Mendez, e a Xunta Direitiva representada por: o Presidente: Pablo Galego, André Lopez, Carmen Mª, Ricardo Pizarro é os Anteriores mencionados Guillerme e Vero.



A nosa presenza nos medios informativos tivo unha gran acollido, coma se pode ver nos 3 reportaxes feitos polo Diario De Alcalá,(ver nas páxinas dixitais do diario http://www.diariodealcala.es/content/view/5530/63/ )



Agardando o vindeiro ano se volva a repetir iste rotundo éxito e acollida.







foto: momento na queimada


foto: escanciando sidra

VAGALUME NO FESTIVAL FOLK DE RASCAFRÍA






O pasado 12 de xullo de 2008, o noso grupo "Vagalume", polo alto pretixio acadado, foi invitado a participar no festival folk que se fai anualmente nesta paraxe da serra de Madrid.



Compartindo cartel con unha gran gaiteira coma Cristina Pato.



Vagalume coa súa presenza aportou un grán exito e aceptación, na que voltará próximamente por esas terras, para levar un grao de Galicia.



O grupo fixo 2 pasarrúas, con paradas en plazas e lugares desta vila, na que os presentes disfrutaron de bailes ancestrais é de numerosas pezas recollidas pola nosa equipa de investigazón en diferentes zonas da Nosa Terra, dende Vigo ata os Ancares ou mesmo dende Ourense ata o Finisterre.



Con está brillante participación a nosa Asociación fai patente máis unha vez coa sua presenza, a honra representar a Galicia en Madrid.



viernes, 11 de julio de 2008

Necrologica - Sira Rodríguez Iglesias

En el día de hoy, 11 de Julio de 2008, nos llega la triste noticia del fallecimiento de Sira Rodríguez Iglesias, presidenta que fue y fundadora de nuestra Asociación Galega Corredor do Henares. Se espera la llegada del cadáver al Cementerio Jardín de Alcalá de Henares sobre las 14:00 hrs de hoy viernes. En este momento no sabemos cuales son planes de la familia sobre el sepelio. Sus amigos acudiremos a acompañar a los familiares y a presentar nuestras condolencias por esta sensible pérdida.

sábado, 5 de julio de 2008

Festa de San Xoán


A festa de San Xoán é para nós, galegos da diáspora, unha das festas mais entrañáveis e que agardamos con mais ansiedade.

A nova Xunta Directiva fixo un chamamento ao conxunto dos sócios para celebrá-la no noso local social, evento que tivo grande suceso.

Houbo unha merenda na que degostamos productos da nosa terra, cantos saudosos dos sócios lembrando as nosas tradicións, danzas antigas que nos legaron os antepasados, música de gaitas, unha queimada colectiva da que gostamos e que nos animou e muita, muita alegria.

O grupo Vaga-lume, o noso brillante grupo de gaitas, danza e coro agasallou a todos nós con a sua arte e bon facer apresentando novos temas musicais e de baile, actuacón que foi celebrada por todos os presentes.

O noso presidente, Pablo Rodríguez, dirixiu unhas breves palabras a os nosos asociados lembrando os esforzos que todos fixeron por manter un cantón de Galiza nestas hospitalárias terras e facendo apelamento a seguir coa partipación de todos para levar a bon porto esta nosa, vosa, de todos, casa.

No mes de Agosto haberá, como todos os anos, as Férias de Alcalá. Aguardamos que todos os sócios e simpatizantes se animen a pasar pola carpa para desfrutar do bon viño, das gostosas viandas e da compaña e conversa dos amigos.

Á volta das férias, gañadas con tanto esforzo, é dicer, para Setembro, teremos unha reunión con todos os asociados para faceren un balanzo das Férias de Agosto, asín como as perspectivas para o novo curso e as obrigatórias tarefas a realizar.

Desexando-vos unhas felices feiras, sauda-vos a todos con grande cariño.

A Xunta Directiva.

lunes, 2 de junio de 2008

JUNTA GENERAL EXTRAORDINARIA

AVISO MUY IMPORTANTE
El próximo sábado, día 7 del presente mes de Junio tendrá lugar la Asamblea General Extraordinaria que, convocada por segunda vez, tratará de la renovación de la Junta Directiva de la Asociación. Esta segunda convocatoria se produce como consecuencia de la no presentación de candidatura alguna para la renovación de la Junta Directiva en ejercicio al final del mandato estatutario. Como es expresó en la citada Asamblea celebrada el pasado día 12 de Abril de 2008, la Junta actual NO SE PRESENTABA A LA REELECCIÓN. El tal ocasión NO se presentó ninguna candidatura por lo que la Junta en ejercicio decidió convocar una nueva Asamblea Extraordinaria con amplio margen de tiempo para que se pudiesen formar candidaturas. En caso de en la convocatoria del día 7 no se presentase ninguna candidatura de acuerdo con los Estatutos vigentes se procederá a la DISOLUCIÓN de la Asociación de acuerdo con lo prescrito en los citados Estatutos.
Por se capital importancia el asunto a tratar se ruega la asistencia de todos los socios al corriente de pago para tomar el acuerdo que determine la mayoría del cuerpo social.
Saludos. E. Pacios, Presidente.